Sábados Abertos

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Os Sábados Abertos son xornadas nas que o Espazo de Lecer Maria Miramontes abrirá as súas portas aos nenos e nenas da cidade de Santiago de Compostela con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade.

Horario

A xornada divídese en tres quendas: a primeira de 10:30 a 13:30, a segunda de 16:00 a 18:00 e a terceira e última, de 18:00 a 20:00 horas.

A organización por quendas poderá variar en función ao contido a desenvolver nas xornadas.

Inscrición

A inscrición a estas xornadas lúdicas non está suxeita á alta no servizo municipal, senón que as persoas interesadas poderán inscribirse directamente na seguinte ligazón:

Prazas

As prazas dispoñibles para os Sábados Abertos son 50, sendo asignadas 10 para os nenos e nenas cuxas idades comprendan entre os 2 e os 3 anos (que deberán vir acompañados dun titor/a), 20 prazas para nenos e nenas entre os 4 e os 6 e 20 para os nenos e nenas entre os 7 e os 12 anos.

Actividades

As xornadas de Sábados Abertos terán dous formatos:

  • Sábados Abertos: Os nenos e nenas farán uso libre dos xogos e xoguetes do Espazo de Lecer. Ademáis disto, os monitores e as monitoras do Espazo de Lecer tamén ofrecerán diferentes actividades de animación e xogo guiado.
  • Sábados Abertos Temáticos: As xornadas de ocio e lecer están suxeitas a unha temática específica ligada ao calendario de festividades e conmemoracións (Samaín, Día Mundial da Paz, Magosto, etc.), onde as actividades estarán relacionadas aos temas tratados.