Sábados

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Neste apartado encontrarás toda a información relacionada coas actividades levadas cabo os sábados e que dividimos en dúas actividades principais: “Sábados Abertos e Sábados Temáticos.

Os sábados, o Espazo de Lecer María Miramontes abrirá as súas portas aos nenos e nenas da cidade de Santiago de Compostela con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade (os nenos de 2 anos non escolarizados sempre deberán estar acompañados dunha persoa adulta).

Aquelas persoas que aínda non teñan xestionada a súa alta poderán participar nas actividades sempre e cando estean acompañados en todo momento por un dos seus titores legais.

—————————————————————————-

Sábados abertos

Os Sábados Abertos son xornadas nas que o persoal do Espazo fará propostas relacionadas co apartado “actividades” desta mesma web. Os nenos e nenas poderán facer uso libre dos xogos e xoguetes do Espazo de Lecer. Ademais disto, os monitores e as monitoras ofrecerán diferentes actividades de animación e xogo guiado.

—————————————————————————-

Sábados abertos temáticos

Os Sabádos Abertos Temáticos son xornadas de lecer en familia, nas que o centro propoñerá actividades, obradoiros e festas tematizadas en función da época do ano ou as comemoracións que estemos a vivir.

A continuación, a proposta para os Sábados Abertos Temáticos do 2º trimestre do curso 2022/2023:

IMPORTANTE: A INSCRICIÓN SÓ É PARA O SÁBADO QUE SE MOSTRA NO CADRO AZUL

—————————————————————————-

Horario

As xornadas divídense en tres quendas:

  • A primeira de 10:30 a 13:30
    • Os nenos e nenas de 2-3 anos poden asisitir tamén de 10:30 a 12:00 ou de 12:00 a 13:30.
  • A segunda de 16:00 a 18:00
  • A terceira e última, de 18:00 a 20:00 horas.

Nos sábados abertos temáticos a actividade principal comezará as 17:30.

A organización por quendas poderá variar en función ao contido a desenvolver nas xornadas.

Prazas

As prazas dispoñibles para os sábados son 73, sendo asignadas 20 para os nenos e nenas cuxas idades comprendan entre os 2 e os 3 anos, 30 prazas para nenos e nenas entre os 4 e os 6 e 23 para os nenos e nenas entre os 7 e os 12 anos.

As prazas cubriránse por orde de entrada e en función das ratios mencioadas anteriormente.