RADIO MIRAMONTES

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Lista de reprodución

1º Programa: Entroido.

2º Programa: Videoxogos e e-sports.

3º Programa: Entrevista a Xosé Antonio Sánchez Bugallo.

4º Programa: Entrevista a Rubén Prol Mariño (partes 1, 2, 3 e 4)

Radio Miramontes é un dos proxectos a longo prazo que desenvolvemos co grupo de maiores. Trátase dun pódcast onde as nenas e nenos comentan as novas do centro, debaten sobre diferentes temas, manteñen conversas con diversas personalidades e se expresan con liberdade.

O obxectivo desta actividade é traballar a expresión oral, fomentar a creatividade e achegar as tendencias cominucativas actuais ás novas xeracións.

Os programas desenvólvense nunha pequena sala que temos no Espazo Miramontes e que foi rehabilitada exclusivamente para este proxecto. As nenas e nenos encargáronse de preparar e colocar a decoración para crear un ambiente distendido onde poñer en práctica esta idea.