Para facilitar a participación dos nenos e nenas dos centros educativos de Santiago en horario lectivo, está previsto que durante as mañás dos venres se organicen visitas á instalación para que o coñezan de primeira mán e poidan participar nas actividades que nel se realizan. Tamén ofertamos o servizo coma aprendizaxe complementario nos estudios da foramación profesional ou a Universidade.
Dende o centro podemos traballar para colaborar e profundizar en aprendizaxes levados a cabo nas aulas co fin de ampliar e afianzar os conocimientos a través do emprego de xogos, xoguetes e diferentes dinámicas. Contacta con nós para maís información.
Horario
O horario de visitas é de 10:30 a 13:30 h. Haberá 3 quendas (a escoller):
- A primeira ás 10:30 h
- A segunda ás 11:30 h
- A terceira ás 12:30 h
A duración da visita é de 45 minutos.
Pódese adaptar a visita e a duración das quendas en función das solicitudes e a dispoñibilidade do centro.
Prazas
O centro conta cun aforo de 73 prazas. Organizaremos as actividades tendo en conta ao total do grupo/clase.
Inscrición
Os centros educativos interesados en participar poderán inscribirse directamente na seguinte ligazón:
A inscrición ás Mañás dos Venres para os centros educativos estará dispoñible durante todo o curso escolar (agás festivos).
Contido
Ás Mañás dos Venres teñen a seguinte estructura:
- Benvida: Introdución sobre o centro e o seu funcionamento.
- Actividade de animación: O monitorado realizará un baile/actividade de animación.
- Gran xogo: Realización dun xogo organizado (xincana, búsqueda do tesouro, etc.).
- Xogo libre: Uso libre dos xogos e xoguetes do Espazo de Lecer.
- Despedida: Resumo da visita e despedida do grupo.