Os 5 sentidos

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

As actividades dos 5 sentidos desenvólvense nos espazos da Bebeteca e Pequeteca.

O obxectivo principal é estimular fundamentalmente os sentidos da vista, tacto, olfacto e oído.

Lévanse a cabo actividades de asociación ou discriminación visual e auditiva como Atrapa o Monstro e Adiviña o instrumento. Tamén se realizan xogos que busquen estimular o olfacto a través da identificación de distintos olores, e talleres de pintura con papel de burbullas para o tacto.