O baúl do xogo

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

As actividades do Baúl do Xogo lévanse a cabo na Pequeteca e Maiorteca.

O obxectivo principal destas actividades relaciónanse ca adquisición de habilidades e competencias vencelladas ao emprego de xogos de mesa. Así, favorécese a paciencia, o respecto cara os demais, a competitividade, a creación de estratexias e alianzas, a agudeza visual, etc.

Nestes espazos as nenas e os nenos poderán empregar a ampla gama de xogos de mesa á súa disposición e, ademais, realizarán diversas adaptacións dos mesmos, así como crearán distintos xogos a gran escala como Morada Maldita e Hop Hop.

Ademais, neste espazo lévase a cabo un préstamo de xoguetes no que se potenciará o uso educativo do xogo e do xoguete na infancia.