Mirámonos

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

As actividades de Mirámonos lévanse a cabo na Pequeteca e na Maiorteca.

O obxectivo principal deste proxecto é adentrarse no mundo das emocións e axudar ás nenas e aos nenos a entender como se senten.

Deste xeito, realizaremos actividades coas que aprender a identificar as emocións e sentimentos propios e dos demais, favorecer o desenvolvemento de valores e habilidades sociais e mellorar a autoestima e o autoconcepto.

Ademais, levaremos a cabo varias dinámicas de grupo orientadas a mellorar as relacións de grupo e o estado de ánimo.