O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación durante o período lectivo 2025/2026 para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.
POBOACIÓN DESTINATARIA:
Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Política Social da Xunta de Galicia.
Tramo de idades | Unidades | Capacidade máxima |
2* – 3** anos | 1 | 20 prazas |
4 – 6 anos | 1 | 30 prazas |
7 – 12 anos | 1 | 23 prazas |
*nenos e nenas de 2 anos acompañados dunha persoa adulta autorizada.
**nos períodos non lectivos o servizo ofertarase a partir de 3 anos escolarizados.
As prazas, as idades e a distribución dos grupos por idades poden sufrir variacións condicionadas polas directrices establecidas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Este equipamento está pensado para responder ás necesidades da cidadanía e garantir o seu dereito a utilizalas. É por iso que o acceso aos seus servizos debe combinar un sistema de rotación e xestión da lista de agarda para permitir o uso e desfrute do maior número de nenos e nenas posible. As persoas solicitantes deberán ter tramitada a solicitude de alta.
DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS:
Bebeteca (nados no 2023 e 2022):
- Quendas de 1 hora e 30 minutos.
- Quendas diferenciadas para nenos e nenas nados no 2022 e no 2023.
- Nenos e nenas de 2 anos acompañados dun/ha titor/a legal.
- Distribución das quendas:
- 1ª quenda: 16.30 h – 18.00h. 2ª quenda: 18.00 h – 19:30h.
QUENDAS | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
16:30 – 18:00 | 2023 | 2022 | 2023 | 2022 | 2023 |
18:00 – 19:30 | 2022 | 2023 | 2022 | 2023 | 2022 |
Pequeteca (nados no 2021, 2020 e 2019):
- Quendas de 2 horas.
- Distribución das quendas:
- 1ª quenda: 16.00 h – 18.00 h. 2ª quenda: 18.00 h – 20.00 h.
Maiorteca (nados en 2018, 2017, 2016, 2015, 2014 e 2013 (ata cumprir 13 anos):
- Quendas de 2 horas.
- Distribución das quendas:
- 1ª quenda: 16.00 h – 18.00 h. 2ª quenda: 18.00 h – 20.00 h.
Para facilitar a participación do maior número de persoas, establécese o seguinte:
- Máximo 4 quendas semanais por persoa, agás que haxa prazas dispoñibles noutras.
- Se hai máis solicitantes que prazas en cada quenda, o centro asignará as prazas en función dos criterios de prioridade que se sinalan no punto 5 do presente documento.
- Cada grupo e quenda terá ao menos 5 persoas usuarias. Se non é o caso, a quenda queda pechada por falta de demanda suficiente.
- As quendas pechadas poderán abrirse se, ao longo do curso, a demanda supera as 5 prazas mínimas.
- As quendas pechadas liberarán os espazos para o uso libre das familias – sen persoal monitor- dentro da organización e quendas establecidas.
O centro permitirá a participación esporádica sempre e cando: estea de alta no servizo, haxa prazas libres na quenda de interese e avise por teléfono ou mail antes do inicio da quenda. Esta participación ten que axustarse aos horarios e prazas establecidas.
PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PERÍODO LECTIVO:
- Solicitude de praza: do 5/09/2025 ao 10/09/2025 (ámbolos dous inclusive).
- Listaxe de admitidos/as 17/09/2025.
- Confirmación de praza: do 18/09/2025 ao 20/09/2025.
- Inicio das actividades: 29/09/2025.
Queda aberta a inscrición fóra dos prazos establecidos, durante o resto do curso, unicamente co criterio de orde de entrada de solicitude na web do centro. A inscrición será só para as quendas e prazas que queden dispoñibles. As persoas que desexen facer uso do servizo deberán facer a solicitude da súa praza cunha antelación mínima de dous días hábiles. A solicitude de praza non terá que ser renovada ata o inicio do seguinte curso escolar.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS:
Durante todo o ano, este equipamento está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa no horario de apertura do centro. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias laborais na/s quenda/s solicitadas.
CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS:
No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas ou programas é preciso establecer orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de alta no servizo e presentaron a solicitude de participación en calquera dos programas ofertados dentro dos prazos establecidos.
Os criterios para a asignación de prazas ordeados de maior a menor grao de prioridade son os seguintes:
- Vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias con nenos e nenas en acollida e nas que os/as dous/dúas titores/as legais traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias nas que traballen os/as dous/dúas titores/as legais e ao menos un/ha deles/as estea traballando fóra da comunidade autónoma de Galicia no horario de funcionamento do programa.
- Familias con ao menos un/ha titor/a legal ou un fillo ou filla en situación de dependencia.
- Familias con ao menos un/ha titor/a legal con discapacidade igual ou superior ao 65% e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento d.o programa..
- Familias separadas ou divorciadas nas que o/a titor/a legal que teña a custodia no momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias numerosas cos/as dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias cos/coas dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias con ao menos un/ha titor/a legal en desemprego e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
No caso de non ser suficiente cos criterios de prioridade para asignación de praza, o centro:
Dará prioridade as solicitudes das persoas usuarias con praza no período lectivo e que cumpran cos seguintes requisitos:
- Ter adxudicada praza dende o inicio do período lectivo o 29/09/2025.
- Ter participado ao menos nun 80% do programa, agás faltas xustificadas.
En relación aos criterios de prioridade para a asignación de prazas:
As situacións familiares descritas nos puntos 1, 2 ,3 ,4, 5, 6, 7 e 8 deberán acreditar a súa situación mediante a documentación administrativa correspondente (certificado de monoparentalidade, informe de Servizos Sociais, informe médico, sentenza, etc.):
- Aquelas persoas que traballen a quendas, teñan flexibilidade horaria ou sexan persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que indique o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se terán en conta os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
- É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e declaracións de horario laboral actualizados.
- Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán facelo se hai prazas baleiras.
- Para aplicar os criterios de prioridade nos catro períodos de “Vacaludos” establecidos no apartado 5.1, será preciso aportar un certificado de emprego por cada representante legal da unidade familiar. No certificado deberá quedar acreditado obrigatoriamente que durante o periodo e quenda solicitada están traballando ou en tránsito.
- A falta de presentación, coa solicitude, da documentación acreditativa dos criterios para a asignación de prazas (e que non constitúe un requisito de acceso ao programa) non será obxecto de emenda e non será tida en conta para a asignación de prazas.
- No caso de non acreditarse as situacións anteriormente sinaladas, as solicitudes irán a sorteo público, en caso de ter que realizarse, en igualdade de condicións.
- As solicitudes que non aporten a documentación precisa tramitaranse unha vez rematadas as solicitudes correctamente presentadas.