VACALUDOS VERÁN

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación en vacacións para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.

No enlace incluído nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a solicitude de praza nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes para o período non lectivo de de VERÁN.

POBOACIÓN DESTINATARIA DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN

Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.

Destinatarios: 3 anos 20 prazas*
Destinatarios: 4 – 6 anos30 prazas*
Destinatarios: 7 – 12 anos23 prazas*
*O reparto de prazas variará en función das solicitudes recibidas.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Desenvolverase do 24 de xuño ao 6 de setembro do ano 2024, nas seguintes quendas:

QUENDASDATASTOTAL DÍAS
1ª QUENDADo 24 ao 28 de xuño do 2024 (24, 25 ,26, 27 e 28).5
2ª QUENDADo 1 ao 12 de xullo do 2024 (1, 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11 e 12).10
3ª QUENDADo 15 ao 31 de xullo do 2024 (15, 16, 17, 18, 19, 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31).12
4ª QUENDADo 1 de ao 14 de agosto do 2024 (1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13 e 14).10
5ª QUENDADo 19 ao 30 de agosto do 2024 (19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30).10
6ª QUENDADo 2 ao 6* de setembro do 2024 (2, 3, 4, 5 e 6).5
*O derradeiro día da quenda 6 marcarao o inicio do curso 2024/2025

Período de solicitude de praza: do 15 ao 24 de abril de 2024.

Publicadas as listaxes, as perosas admitidas terán un prazo de 7 días naturais para confirmar a mesma. Aquelas persoas que non confirmen, perderán a súa praza. Aquelas persoas que, unha vez aceptada a praza, renuncien sen motivo xustificado, perderán a posibilidade de solicitar nos períodos non lectivos do curso escolar 2024/2025.

Publicación das listaxes o 10 de maio de 2024.

MODALIDADES A ESCOLLER:

Se hai máis solicitantes que prazas en cada quenda, o Centro asignará as prazas en función dos criterios de prioridade que se sinalan máis abaixo. Para facilitar a participación do maior número de persoas posible, dadas as limitacións de prazas establécese o seguinte:

  • As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de unha quenda, agás haxa prazas dispoñibles noutras.
  • No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade e será a única vía para a adxudicación de máis de 1 quenda.
  • As persoas usuarias deberán solicitar, únicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese.

HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO:

De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h 

HORASERVIZO
7:45 – 9:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA
9:00 – 10:00ACTIVIDADE LIBRE
10:00 – 13:30ACTIVIDADES DIRIXIDAS
13:30 – 15:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA 

ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Durante todo o ano, este equipamento está pensado para responder ás necesidades de
conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas
que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa, no horario de apertura do centro.
Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias
laborais na/s quenda/s solicitadas.

Para a participación no programa é obrigatorio entregar a través do formulario de solicitude o certificado de emprego no que indique que nas quendas solicitadas estaredes traballando no horario de funcionamento do programa.  

CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS
No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas ou programas é
preciso establecer orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de
alta no servizo e presentaron a solicitude de participación en calquera dos programas ofertados
dentro dos prazos establecidos.

A continuación amósanse os criterios para a asignación de prazas ordeados de maior a
menor grao de prioridade:

  1. Persoas vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen
    ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  2. Familias con nenos e nenas en acollida e nas que as dúas persoas adultas traballen ou
    estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa
  3. Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no
    horario de funcionamento do programa.
  4. Familias con ao menos un membro traballando fóra da comunidade autónoma de
    Galicia no horario de funcionamento do programa.
  5. Familias con ao menos un membro con incapacidade laboral (temporal/permanente)
    ou discapacidade e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario
    de funcionamento do programa.
  6. Familias separadas ou divorciadas nas que a persoa titora que teña a custodia no
    momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de
    funcionamento do programa.
  7. Familias numerosas coas dúas persoas adultas que traballen ou estean en tránsito do
    traballo a casa no horario de funcionamento do programa e con nenos e nenas en
    acollida.
  8. Familias coas dúas persoas adultas que traballen ou estean en tránsito do traballo a
    casa no horario de funcionamento do programa.
  9. Familias con ao menos un membro en desemprego e outro que traballe ou estea en
    tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.

En relación aos criterios de prioridade para a asignación de prazas:
As situacións familiares descritas nos puntos 1, 2 ,3 ,4, 5, 6 e 7 deberán acreditar a
súa situación mediante a documentación administrativa correspondente (certificado de
monoparentalidade, informe de Servizos Sociais, informe médico, sentenza, etc.)
a. Aquelas persoas que traballen a turnos, teñan flexibilidade horaria ou sexan
persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que
indiquen o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se
aceptarán os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as
circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
b. As solicitudes que non aporten a documentación requirida quedarán excluídas.
c. É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e
declaracións de horario laboral actualizados.
d. A falta non xustificada a calquera programa no período non lectivo será un
criterio excluínte na seguinte solicitude.
e. Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán
facelo se hai prazas baleiras.

B. No caso de non ser suficiente cos criterios de prioirdade para asignación de praza, o
centro realizará un sorteo público para aqueles casos nos que o número de solicitudes
supere ao número de prazas, aplicando a fórmula “ALEATORIO.ENTRE (Ax;Ay)” no
documento onde figuran os números de alta introducidos de maneira aleatoria e
atribuíndo a cada solicitante un número nese listado. O resultado da aplicación da fórmula
dará un número X que será o que obteña praza en primeiro lugar e tamén os sucesivos
ata completar as prazas dispoñibles. Completadas as prazas, o resto pasará a formar
parte dunha listaxe de agarda.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE PRAZA
Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude.
Os nenos e nenas que non estean dados de alta no servizo deberán realizar a súa solicitude de alta a través do seguinte enlace.

RÉXIME DE PREZOS: de balde.