O Club Miramontes é unha iniciativa que xorde como idea para que os nenos e nenas leven a cabo diferentes desafíos para intentar conseguir diversas chapas como premio.
Algunhas das actividades que se propoñen son aportar ao hórreo do refugallo, asistir a un sábado temático, propoñer un xogo ou xoguete novo, facer unha historia ou debuxo para o Ludoxornal, vir en bici á ludo ou traer a un ou unha amigo/a.
No momento en que alguén pertencente ao Club Miramontes sexa quen de cumplir os obxectivos da tarxeta, se lle fará entrega da chapa co seu nome como recompensa por cumplir con todos os desafíos.