Mira quen baila

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

No Espazo de lecer somos conscientes das potencialidades que ten o baile á hora de traballar con nenas e nenos. Por iso, apostamos pola súa inclusión nas actividades que programamos, xa que a través dos bailes favorecemos a desinhibición, a expresión corporal, a cohesión grupal, a coordinación, o desenvolvemento motor e o sentido do ritmo, ademais de que nos axudan a pasalo ben e a aprender.

A música e a danza son elementos moi presentes no día a día do Espazo, con actividades como “Móvete”, ou nos nosos famosos “campas”, onde creamos cancións e coreografías para espertar ás nenas e nenos e para empregalas ao longo dos programas de conciliación.

Nesta páxina atoparedes os bailes favoritos das nenas e nenos que asisten a María Miramontes para que poidades desfrutalos en familia e pasalo tan ben como se estivésedes no centro. Todos eles están subidos na nosa canle oficial de Youtube (Espazo de lecer MM), onde poderedes visualizar tamén outro tipo de contido. Podedes acceder a el a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/channel/UCCpxCsT_DBS7xXi2Yl0aKfg

Os nosos bailes

Mira Quen Baila – NEMO SONG

Mira Quen Baila – ESPERANDO O AMENCER

Mira Quen Baila – ATRAPADOS NO CASTELO

Mira Quen Baila – CALMA

Mira Quen Baila – DON’T YOU WORRY

Mira Quen Baila – CHIKI

Mira Quen Baila – MINIONS (PAPAYA)