LUDOXORNAL

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

O Ludoxornal é unha revista con artigos de opinión, pasatempos, novas do centro, recomendacións culturais e diferentes contidos de interese. Trátase dunha iniciativa que puxemos en marcha coas nenas e nenos do grupo de maiores, que se encargan da autoría e deseño da maior parte do contido do xornal.

Con este proxecto buscamos achegar a prensa escrita ás cativas e cativos, ao tempo que traballamos de xeito transversal a expresión escrita, a creatividade e o traballo cooperativo.

Para facilitar o acceso do Ludoxornal a todo o mundo, este presentarase en formato físico, podendo recoller os exemplares no Espazo Miramontes, e tamén en formato dixital, nesta mesma páxina.

A continuación, deixamos os diferentes volumes que se van publicando.

Ludoxornal Vol. 1, febreiro 2023

Ludoxornal Vol. 2, marzo 2023

Ludoxornal Vol. 3, abril 2023

Ludoxornal Vol. 4, maio 2023