VACALUDOS NADAL

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación en vacacións para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.

No enlace incluído nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a solicitude de praza nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes para o período non lectivo de Nadal.

POBOACIÓN DESTINATARIA DO PROGRAMA

Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.

Destinatarios: 3 anos escolarizados20 prazas*
Destinatarios: 4 – 6 anos30 prazas*
Destinatarios: 7 – 12 anos23 prazas*
*O reparto de prazas variará en función das solicitudes recibidas.

DATAS DE REALIZACIÓN:

QUENDAS DATAS TOTAL DÍAS
1ª QUENDA Do 22 ao 31 de decembro7
2ª QUENDA Do 2 ao 7 de xaneiro3

PRAZOS DA COVOCATORIA:

  • Solicitude de praza: do 3/11/2025 ao 7/11/2025 (ámbolos dous inclusive).
  • Listaxe de admitidos/as: 19/11/2025.
  • Confirmación de praza: Do 20/11/2025 ao 25/11/2025.

Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude.

MODALIDADES A ESCOLLER

  • As persoas usuarias poderán desfrutar dunha quenda, agás que haxa prazas dispoñibles na outra.
  • No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade e será a única vía para a adxudicación de máis de 1 quenda.
  • As persoas usuarias deberán solicitar, unicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese.

HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO:

De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h 

HORASERVIZO
7:45 – 9:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA
9:00 – 10:00ACTIVIDADE LIBRE
10:00 – 13:30ACTIVIDADES DIRIXIDAS
13:30 – 15:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA 

SOLICITUDE DE PRAZA

As persoas interesadas terán que estar dadas de alta no servizo e cubrir o formulario de solicitude nos tempos establecidos. O procedemento de alta está aberto os 12 meses do ano, o centro non tramitará altas nos períodos de solicitudes de praza.

ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Durante todo o ano, este equipamento está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa, no horario de apertura do centro. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias laborais na/s quenda/s solicitadas.

Para a participación no programa é obrigatorio entregar a través do formulario de solicitude, un certificado de emprego por cada titor legal da unidade familiar no que consten os horarios de traballo nas datas solicitadas.

CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS

No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas ou programas é preciso establecer orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de alta no servizo e presentaron a solicitude de participación en calquera dos programas ofertados dentro dos prazos establecidos.
A continuación amósanse os criterios para a asignación de prazas ordeados de maior a menor grao de prioridade:

  1. Vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  2. Familias con nenos e nenas en acollida e nas que os/as dous/dúas titores/as legais traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  3. Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  4. Familias nas que traballen os/as dous/dúas titores/as legais e ao menos un/ha deles/as estea traballando fóra da comunidade autónoma de Galicia no horario de funcionamento do programa.
  5. Familias con ao menos un/ha titor/a legal ou un fillo ou filla en situación de dependencia.
  6. Familias con ao menos un/ha titor/a legal con discapacidade igual ou superior ao 65% e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento d.o programa..
  7. Familias separadas ou divorciadas nas que o/a titor/a legal que teña a custodia no momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  8. Familias numerosas cos/as dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  9. Familias cos/coas dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  10. Familias con ao menos un/ha titor/a legal en desemprego e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.

No caso de non ser suficiente cos criterios de prioridade para asignación de praza, o centro dará prioridade ás solicitudes das persoas usuarias con praza no período lectivo e que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Ter adxudicada praza dende o inicio do período lectivo o 29/09/2025.
  • Ter participado ao menos nun 80% do programa, agás faltas xustificadas.

En relación aos criterios de prioridade para a asignación de prazas:
As situacións familiares descritas nos puntos 1, 2 ,3 ,4, 5, 6, 7 e 8 deberán acreditar a
súa situación mediante a documentación administrativa correspondente (certificado de
monoparentalidade, informe de Servizos Sociais, informe médico, sentenza, etc.):

  1. Aquelas persoas que traballen a quendas, teñan flexibilidade horaria ou sexan persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que indique o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se terán en conta os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
  2. É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e declaracións de horario laboral actualizados.
  3. A ausencia non xustificada (do máis do 20%) a calquera programa no período non lectivo será un criterio excluínte nas seguintes solicitudes.
  4. Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán facelo se hai prazas baleiras.
  5. Para aplicar os criterios de prioridade nos catro períodos de “Vacaludos” establecidos no apartado 5.1, será preciso aportar un certificado de emprego por cada representante legal da unidade familiar. No certificado deberá quedar acreditado obrigatoriamente que durante o periodo e quenda solicitada están traballando ou en tránsito.
  6. A falta de presentación, coa solicitude, da documentación acreditativa dos criterios para a asignación de prazas (e que non constitúe un requisito de acceso ao programa) non será obxecto de emenda e non será tida en conta para a asignación de prazas.
  7. No caso de non acreditarse as situacións anteriormente sinaladas, as solicitudes irán a sorteo público, en caso de ter que realizarse, en igualdade de condicións.
  8. As solicitudes que non aporten a documentación precisa tramitaranse unha vez rematadas as solicitudes correctamente presentadas.

Realizarase un sorteo público para aqueles casos nos que unha vez aplicados os criterios de prioridade, o número de solicitudes supere ao número de prazas. Aplicarase a fórmula “ALEATORIO.ENTRE (Ax;Ay)” no documento onde figuran os números de alta introducidos de maneira aleatoria e atribuíndo a cada solicitante un número nese listado. O resultado da aplicación da fórmula dará un número X que será o que obteña praza en primeiro lugar e tamén os sucesivos ata completar as prazas dispoñibles. Completadas as prazas, o resto pasará a formar parte dunha listaxe de agarda. O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web do centro e do Concello de Santiago.

O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web do centro e do Concello de Santiago.

RÉXIME DE PREZOS

De balde, de acordo co recollido no Prego de Prescricións Técnicas que rexen este contrato e que establece a gratuidade do programa para a implementación dun servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ubicada no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes