
O Concello de Santiago de Compostela resultou beneficiario, no ano 2025, dunha subvención de 55.000 € para o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, dentro da convocatoria SI436A- Programa Plan Corresponsables no ámbito local, do Ministerio de Igualdade, Goberno de España e da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
O Plan Corresponsables no ámbito local financia actuacións cuxa finalidade sexa facilitar a conciliación das familias con menores de ata 16 anos de idade, mediante a posta en marcha de servizos de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e a sensibilización da sociedade, particularmente dos homes, en materia de corresponsabilidade e coidados.
Obxectivo xeral: as políticas de corresponsabilidade nos coidados aspiran a lograr un reparto equilibrado das responsabilidades familiares entre homes e mulleres e tamén entre familias, Estado, mercado e comunidade mediante unha política de coidados e usos do tempo que sexa integral e incorpore a perspectiva de xénero de forma transversal.
Obxectivos específicos do Plan Corresponsables:
- Favorecer a conciliación e a xestión dos usos do tempo das familias con nenos, nenas e xóvenes de ata 16 anos, desde un enfoque de corresponsabilidade entre mulleres e homes.
- Recoñecer o valor dos coidados a través da profesionalización e dignificación do sector.
- Impulsar o cambio social e cultural cara modelos de masculinidades corresponsables e igualitarias.
O programa Plan Corresponsables (SI436A) está financiado con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables (liña de actuación 00524-Plan Corresponsables).
