As actividades das Irmandades do Conto lévanse a cabo nos espazos da Bebeteca, Pequeteca e Maiorteca.
Desde as Irmandades do Conto, desenvólvense diversas actividades vencelladas á lectura, á creación de historias e ao teatro. Deste xeito, estimúlase e favorécese a creatividade dos/as nenos e nenas mediante a a elaboración de historias propias con diferentes temáticas, así como de adaptacións de contos e a representación dalgúns en obras teatrais.
Facendo referencia á coñecida organización das Irmandades da Fala, estas actividades vencéllanse especialmente ca cultura e a lingua galega, promocionándose tanto a lectura como a fala en galego e divulgando a nosa historia, cultura, tradicións e costumes.
Ademais, neste espazo se lles ofrecerá unha ampla variedade de libros que poderán ler no centro ou levar prestados a casa e, desta maneira, incentivar á lectura e reforzar a súa imaxinación.