Banda da Ludo

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

As actividades da Banda da Ludo lévanse a cabo desde os espazos da Bebeteca e Pequeteca.

Os principais obxectivos son traballar o ritmo e a coordinación desde unha perspectiva lúdica e dinámica.

Deste xeito, na Banda da Ludo promociónanse diversas actividades vencelladas ca música, fomentando especialmente a música en galego. Lévanse a cabo obradoiros que favorecen que as crianzas elaboren o seu propio instrumento, así como tamén xogos que permitan traballar o anteriormente mencionado. Algunhas das actividades son os diversos bailes e coreografías, ou os xogos das Estatuas Musicais ou Adiviña o Instrumento.

Ademais, desde a Banda da Ludo permítese coñecer e traballar con bandas galegas de música infantil, tradicional ou popular, así como realizar e amosar coreografías propias coa música elixida.