As actividades de Móvete lévanse a cabo nos espazos da Bebeteca e Pequeteca.
O obxectivo principal é favorecer o desenvolvemento motor, a psicomotricidade, coordinación e estimulación das crianzas a través de distintos xogos de movemento. Deste xeito, promociónanse os hábitos de vida saudables a través do xogo.
Contamos cunha ampla variedade de actividades, que varían entre xogos con cancións, circuítos con diferentes obstáculos, bailes, carreiras e moitos máis.