O Baúl de María é un espazo moi coñecido polas nenas e nenos que acoden ao Espazo de Lecer María Miramontes. Constitúe un lugar onde os nosos monitores e monitoras recollen distintas recomendacións de xogos de mesa para que a rapazada poda levar en préstamo a casa.
As temáticas son moi variadas, recoméndanse dende xogos máis clásicos como o axedrez ata outros menos convencionais como o Catán, o Carcassone Junior, Pillado ou The Island.
Non obstante, malia que a maior parte da selección se mantén fixa, van realizándose novas incorporacións co tempo. Ademais, os nenos e nenas poden levar en préstamo calquera outro xogo de mesa dispoñible, incluso se non se atopa no Baúl de María.