PLAN CORRESPONSABLES

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

O Concello de Santiago resultou beneficiario dunha subvención para o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, dentro da convocatoria SI436A- Programa Plan Corresponsables no ámbito local, do Ministerio de Igualdade, Goberno de España e da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
O obxectivo xeral: as políticas de corresponsabilidade nos coidados aspiran a lograr un reparto equilibrado das responsabilidades familiares entre homes e mulleres e tamén entre familias, Estado, mercado e comunidade mediante unha política de coidados e usos do tempo que sexa integral e incorpore a perspectiva de xénero de forma transversal.

Os obxectivos específicos do Plan Corresponsables son:

  • Favorecer a conciliación e a xestión dos usos do tempo das familias con nenos, nenas e xóvenes de ata 16 anos, desde un enfoque de corresponsabilidade entre mulleres e homes.
  • Recoñecer o valor dos coidados a través da profesionalización e dignificación do sector.
  • Impulsar o cambio social e cultural cara modelos de masculinidades corresponsables e igualitarias.