O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación en vacacións para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.
No enlace incluído nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a solicitude de praza nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes para o período non lectivo de Nadal.
POBOACIÓN DESTINATARIA DO PROGRAMA
Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.
| Destinatarios: 3 anos escolarizados | 20 prazas* |
| Destinatarios: 4 – 6 anos | 30 prazas* |
| Destinatarios: 7 – 12 anos | 23 prazas* |
DATAS DE REALIZACIÓN:
| QUENDAS | DATAS | TOTAL DÍAS |
| 1ª QUENDA | Do 22 ao 31 de decembro | 7 |
| 2ª QUENDA | Do 4 ao 7 de xaneiro | 3 |
PRAZOS DA COVOCATORIA:
- Solicitude de praza: do 2/11/2026 ao 6/11/2026 (ámbolos dous inclusive).
- Listaxe de admitidos/as: 18/11/2026.
- Confirmación de praza: Do 19/11/2026 ao 24/11/2026.
Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude.
MODALIDADES A ESCOLLER
- As persoas usuarias poderán desfrutar dunha quenda, agás que haxa prazas dispoñibles na outra.
- No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade e será a única vía para a adxudicación de máis de 1 quenda.
- As persoas usuarias deberán solicitar, unicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese.
HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO:
De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h
| HORA | SERVIZO |
| 7:45 – 9:00 | ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA |
| 9:00 – 10:00 | ACTIVIDADE LIBRE |
| 10:00 – 13:30 | ACTIVIDADES DIRIXIDAS |
| 13:30 – 15:00 | ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA |
SOLICITUDE DE PRAZA
As persoas interesadas terán que estar dadas de alta no servizo e cubrir o formulario de solicitude nos tempos establecidos. O procedemento de alta está aberto os 12 meses do ano, o centro non tramitará altas durante os períodos de solicitudes de praza.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Durante todo o ano, este equipamento está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas que traballen ou que estean en tránsito entre o lugar de traballo e o domicilio no horario de apertura do centro. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias laborais na/s quenda/s solicitadas.
Para a participación no programa é obrigatorio entregar a través do formulario de solicitude, un certificado de emprego por cada titor legal da unidade familiar no que consten os horarios de traballo nas datas solicitadas.
Con carácter previo á aplicación dos criterios de prioridade recollidos no seguinte apartado os/as fillos/as do persoal adscrito ao Espazo Educativo terán prioridade na asignación de praza, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases.
CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS
No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas ou programas é preciso establecer orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de alta no servizo e presentaron a solicitude de participación en calquera dos programas ofertados dentro dos prazos establecidos.
A continuación amósanse os criterios para a asignación de prazas ordeados de maior a menor grao de prioridade:
- Vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias con nenos e nenas en acollida e nas que os/as dous/dúas titores/as legais traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias nas que traballen os/as dous/dúas titores/as legais e ao menos un/ha deles/as estea traballando fóra da comunidade autónoma de Galicia no horario de funcionamento do programa.
- Familias con ao menos un/ha titor/a legal ou un fillo ou filla en situación de dependencia
recoñecida, que deberá acreditarse mediante a resolución ou certificado oficial correspondente. - Familias con ao menos un/ha titor/a legal con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65% e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias separadas ou divorciadas nas que o/a titor/a legal que teña a custodia no momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias numerosas cos/as dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias cos/coas dous/dúas titores/as legais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
- Familias con ao menos un/ha titor/a legal en desemprego e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
No caso de non ser suficiente cos criterios de prioridade para asignación de praza, o centro dará prioridade ás solicitudes das persoas usuarias con praza no período lectivo e que cumpran cos seguintes requisitos:
- Ter adxudicada praza dende o inicio do período lectivo o 28/09/2026.
- Ter participado ao menos nun 80% do programa, agás faltas xustificadas.
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA en relación aos criterios de prioridade para a asignación de prazas:
As situacións familiares descritas nos puntos anteriores deberán acreditar a súa situación
mediante a documentación administrativa correspondente
- Para aplicar os criterios de prioridade nos catro períodos de “Vacaludos” establecidos no apartado correspondente, será preciso achegar un certificado de emprego asinado pola empresa para cada representante legal da unidade familiar. No caso das persoas traballadoras por conta propia, deberán achegar unha declaración responsable asinada pola persoa interesada na que se indique a súa situación laboral e a súa xornada laboral durante a quenda solicitada. No certificado deberá quedar acreditado obrigatoriamente que durante o período ou quenda solicitada están traballando ou en tránsito.
- Aquelas persoas que traballen a quendas, teñan flexibilidade horaria ou sexan persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que indique o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se terán en conta os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
- É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e declaracións de horario laboral actualizados.
- A ausencia non xustificada (do máis do 20%) a calquera programa no período non lectivo será un criterio excluínte nas seguintes solicitudes de Vacaludos 2026-27. A ausencia non xustificada no verán 2027 exclúe as solicitudes de participación do curso 2027/2028. Considéranse ausencias xustificadas aquelas que se produzan por causas de forza maior, enfermidade ou accidente da persoa usuaria, asistencia a consultas ou tratamentos médicos que coincidan cos días e horario asignados, falecemento ou enfermidade grave de familiares, deberes legais ou administrativos inescusables que requiran a presenza da persoa usuaria ou dos seus responsables legais ou outras circunstancias excepcionais que imposibiliten a asistencia. Para elo, os/as titores legais do neno/a deberán comunicar e acreditar a ausencia xustificada nun prazo non superior a tres días hábiles desde que se produza.
- Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán facelo se hai prazas baleiras.
- A falta de presentación, coa solicitude, da documentación acreditativa dos criterios para a prioridade na asignación de prazas (e que non constitúe un requisito de acceso ao programa) non será obxecto de emenda e non será tida en conta para a asignación de prazas. A documentación para puntuar ou priorizar debe estar completa ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes. Si se entrega un documento incompleto ou non se entrega dentro do prazo de presentación de solicitudes non se admitirá a súa mellora fora de prazo e non se terá en conta.
- No caso de non acreditarse as situacións anteriormente sinaladas, as solicitudes irán a sorteo público, en caso de ter que realizarse, en igualdade de condicións.
SORTEO PÚBLICO
Realizarase un sorteo público para aqueles casos nos que unha vez aplicados os criterios de prioridade, o número de solicitudes supere ao número de prazas. Aplicarase a fórmula “ALEATORIO.ENTRE (Ax;Ay)” no documento onde figuran os números de alta introducidos de maneira aleatoria e atribuíndo a cada solicitante un número nese listado. O resultado da aplicación da fórmula dará un número X que será o que obteña praza en primeiro lugar e tamén os sucesivos ata completar as prazas dispoñibles. Completadas as prazas, o resto pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.
O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web do centro e do Concello de Santiago.
CONFIRMACIÓN E RENUNCIA Á PRAZA
As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán confirmar a súa aceptación dentro do prazo establecido na convocatoria.
A non confirmación en prazo, entenderase que a persoa solicitante desiste da praza e esta poderá ofrecerse á seguinte persoa da lista de agarda coa orde de prelación correspondente.
Unha vez confirmada a praza, se a persoa interesada renuncia á mesma deberá comunicalo por escrito ao Centro Miramontes. A renuncia á praza unha vez finalizado o proceso de confirmación, agás por causa debidamente xustificada e acreditada, terá os efectos indicados nos parágrafos anteriores.
Renuncia por causa sobrevida e debidamente xustificada unha vez rematado o proceso de confirmación ou unha vez iniciado o período de prestación, deberá acreditarse inmediatamente cando se produza para poder ofrecer a praza á seguinte persoa da lista de agarda. Os casos debidamente acreditados non terán consecuencias en futuras convocatorias pero non se poderán recuperar agás haxa prazas dispoñibles nalgún dos períodos de Vacaludos,
Considéranse renuncia por causas sobrevidas despois da adxudicación e da confirmación de praza, que non eran previsibles nese momento e que fan razoablemente imposible ou moi dificil participar ou continuar facendo uso do servizo as recollidas nos parágrafos anteriores.
Non se considerará causa sobrevida e xustificada a mera perda de interese no servizo, o cambio de necesidades da unidade familiar ou a decisión de non facer uso da praza cando non concorra unha circunstancia obxectiva e sobrevida que o xustifique.
A renuncia deberá comunicarse ao servizo municipal responsable coa maior brevidade posible e deberá achegarse, cando proceda, a documentación acreditativa da causa alegada. A valoración da xustificación corresponderá ao órgano municipal competente, que poderá requirir a documentación necesaria para a súa comprobación, respectando en todo caso a normativa aplicable en materia de protección de datos persoais.
As prazas que queden vacantes como consecuencia dunha renuncia poderán ser cubertas pola seguinte persoa da lista de agarda, sempre que se manteñan os requisitos de acceso e a convocatoria ou o período de prestación o permita.
RÉXIME DE PREZOS
De balde, de acordo co recollido no Prego de Prescricións Técnicas que rexen este contrato e que establece a gratuidade do programa para a implementación dun servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ubicada no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes



Comments are closed.