No Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes adoitamos traballar a animación a través da música e as cancións en actividades como «A banda da ludo» ou as «Vacaludos».
Para os distintos períodos creamos cancións e coreografías que empregamos a modo «espertador» para poñernos en marcha polas mañás e amenizar moitas das tardes.
Nesta sección encontraredes todos «os nosos hits» para que poidades gozalas unha e outra vez na casa, no coche, no parque ou donde volo pida o corpo!
LISTA DE REPRODUCIÓN

