Neste apartado atópase toda a información relacionada cos Sábados Abertos no Espazo de Lecer María Miramontes.
Cada sábado, o Centro abre as súas portas aos nenos e nenas da cidade de Santiago de Compostela cunha proposta de lecer pensada para favorecer a convivencia e o xogo compartido. A actividade está dirixida a rapazada de entre 2 e 12 anos de idade. No caso das nenas e nenos de 2 anos, é requisito indispensable que estean acompañados en todo momento por unha persoa adulta responsable.
As familias que aínda non teñan formalizada a súa alta no servizo tamén poderán participar nestas xornadas, sempre que a nena ou o neno veña acompañado por algún dos seus titores legais durante toda a estancia.
Os Sábados Abertos concíbense como xornadas de xogo libre, nas que as crianzas dispoñen dunha ampla variedade de xogos e xoguetes adaptados ás diferentes idades. Deste xeito, poden desfrutar de actividades lúdicas ao seu ritmo, fomentar a súa autonomía, descubrir novas formas de entretemento e, ao mesmo tempo, socializar con outros nenos e nenas nun entorno seguro.
Os horarios para poder participar son os seguintes:
- Quenda de mañá: de 10:30 a 13:30 horas.
- Quenda de tarde: de 16:00 a 18:00 horas ou de 18:00 a 20:00 horas.
Para garantir unha mellor organización e dispoñibilidade de prazas, é preciso inscribirse previamente chamando por teléfono.

