As actividades do Medio é Noso lévanse a cabo no espazo da Pequeteca.
O principal obxectivo é achegar a nosa contorna ás nenas e aos nenos de 4 a 6 anos. Preténdese traballar a importancia dos 4 erres: reciclar, reutilizar, recuperar e reducir.
Mediante actividades como A Mancha Negra, ou a creación de barcos, bolboretas, etc con materiais de refugallo, permítese poñer en valor a importancia da reciclaxe, mentres de familiariza ás crianzas con conceptos como o cambio climático ou a contaminación.
Deste xeito, empréganse diversos recursos naturais na realización de actividades, o que permite, en definitiva, poñer en contacto a nenos e nenas co medio natural.