Este equipamento está pensado para responder ás necesidades da cidadanía e garantir o seu dereito a utilizalas. É por iso que o acceso aos seus servizos debe combinar un sistema de rotación e xestión da lista de agarda para permitir o uso e desfrute do maior número de nenos e nenas posible. As persoas solicitantes deberán ter tramitada a solicitude de alta.
No enlace incluido nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a inscrición nas actividades do período lectivo no Espazo de Lecer María Miramontes.
POBOACIÓN DESTINATARIA
Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.
Tramo de idades | Unidades | Capacidade máxima |
2* – 3** anos | 1 | 20 |
4 – 6 anos | 1 | 30 |
7 – 12 anos | 1 | 23 |
DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS
- Bebeteca (nados no 2022 e 2021):
- Quendas de 1 hora e 30 minutos.
- Nenos e nenas de 2 anos acompañados dun dos seus titores legais.
- Distribución das quendas:
- 1ª Quenda: 16.30 h – 18.00h. 2ª Quenda: 18.00 h – 19:30h.
- Pequeteca (nados no 2020, 2019 e 2018):
- Quendas de 2h.
- Distribución das quendas:
- 1ª Quenda: 16.00 h – 18.00 h. 2ª Quenda: 18.00 h – 20.00 h.
- Maiorteca (nados en 2017, 2016, 2015, 2014, 2013 e 2012 (ata cumprir 13 anos)):
- Quendas de 2h.
- Distribución das quendas:
- 1ª Quenda: 16.00 h – 18.00 h. 2ª Quenda: 18.00 h – 20.00 h
Para facilitar a participación do maior número de persoas posible, dadas as limitacións de prazas establécese o seguinte:
- As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de 4 quendas semanais, agás que haxa prazas dispoñibles noutras.
- Se hai máis solicitantes que prazas en cada quenda, o centro asignará as prazas en función dos criterios de prioridade.
O centro permitirá o participación esporádica sempre e cando: estea de alta no servizo, haxa prazas libres na quenda de interese e avise por teléfono antes do inicio da quenda. Calquera persoa que participe nas mismas quendas máis de tres veces terá que formalizar a súa inscrción.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE PRAZA
Para poder participar no programa de actividades no Espazo Miramontes é necesario cumprir co seguinte proceso:
A.- Nenos/as que non están dados de alta no servizo:
- deben tramitar a solicitude de alta.
B. Nenos/as que xa están dados de alta no Espazo Miramontes
- Aquelas familias de nenos/as que xa están dados de alta no Espazo Miramontes deben cubrir o formulario que poderán atopar ao final da páxina.
PPRAZOS DE SOLICITUDE DE PRAZA
- Prazo de solicitude de praza do 26/08/2024 ao 4/09/2024.
- O centro publicará unha listaxe provisional de admitidos e admitidas o 5/09/2024.
- Se nalgunha das quendas as solicitudes superasen ás prazas dispoñible habería que aplicar os criterios de prioridade para a adxudicación. No caso de ser preciso, o centro poderá solicitar os certificados de emprego nos que consten que as persoas titoras estarán traballando na quenda solicitada.
- A listaxe definitiva publicarase o 20/09/2024.
- Unha vez publicada a listaxe definitiva, teredes un período de confirmación de praza do 21/09/2024 ao 27/09/2024.
- O servizo comezará o luns 30 de setembro do 2024.
Queda aberta a inscrición fóra dos prazos establecidos, durante o resto do curso, unicamente co criterio de orde de entrada de solicitude na web do centro. A inscrición será só para as quendas e prazas que queden dispoñibles. As persoas que desexen facer uso do servizo deberán facer a solicitude da súa praza cunha antelación mínima de dous días hábiles.
A solicitude de praza non terá que ser renovada ata o inicio do seguinte curso escolar.
CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZA
Aquí podes atopar os criterios de prioridade.
RÉXIME DE PREZOS: de balde.
ACTIVIDADES
O centro leva a cabo unha programación de actividades co obxectivo de promover a aprendizaxe a través do xogo. Terán unha duración de entre 20 e 45 minutos e estas propostas poden ter cambios xustificados na demanda e os intereses dos nenos e nenas.