Como participo

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Xa é posible realizar a solicitude de alta no rexistro municipal. Recordamos que a inscrición nas actividades non estará habilitado ata que recibades a confirmación por parte do Concello co número de alta do neno ou da nena.


Para a inscrición nas actividades do periodo lectivo (Bebetaca, Pequeteca e Maiorteca) e nas actividades do periodo non lectivo (Nadal, Entroido, Semana Santa e Verán) é imprescidíbel a sólicitude alta.

Podedes presentar a documentación fisicamente no Rexisitro Municipal (Rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña) ou telemáticamente a través da sede electrónica:

Solicitar a alta no rexistro municipal

Realiza a búsqueda: “Solicitude de alta no espazo educativo e de lecer Maria Miramontes”

Esperar a recibir a confirmación do Concello

Inscríbete nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes

Recibirás a confirmación da praza no teu correo electrónico.


Para a inscrición nas actividades de Mañás dos venres non é necesario solicitar á alta no rexistro municipal polo que só se precisará inscribirse na actividade desexada.

“Mañás dos venres” é unha actividade dirixida únicamente a entidades educativas que desexen facer uso do centro en horario lectivo.

Inscríbete nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes

Recibirás a confirmación da praza no teu correo electrónico.