Periodo lectivo

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Este equipamento está pensado para responder ás necesidades dos cidadáns e garantir o seu dereito a utilizalas. É por iso que o acceso aos seus servizos debe combinar un sistema de rotación e xestión da lista de agarda para permitir o uso e desfrute do maior número de nenos e nenas posible. 

No enlace incluido nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a inscrición nas actividades do período lectivo no Espazo de Lecer María Miramontes.

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.

Destinatarios: 2-3 anos20 prazas*
Destinatarios: 4, 5 e 6  anos30 prazas*
Destinatarios: 7, 8, 9, 10, 11 e 12 anos23 prazas*

DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS*

  • Bebeteca: nados en 2020 (2 anos cumpridos) e 2019 
    • Quendas de 1 hora e 30 minutos. 
    • Máximo de 6 horas semanais por neno/a.
    • Os nenos e nenas de 2 anos quedarán acompañados dun dos seus titores legais.
    • Distribución das quendas
    • 1ª Quenda: 16.30 h – 18.00h. 
    • 2ª Quenda: 18.00 h – 19:30h.
  • Pequeteca: nados no 2018 e 2017 e 2016.
    • Quendas de 2h. 
    • Máximo de 8 horas semanais por neno/a.
    • Distribución das quendas: 
    • 1ª Quenda: 16.00 h – 18.00 h.
    • 2ª Quenda: 18.00 h – 20.00 h.
  • Maiorteca: nados en 2015, 2014, 2013, 2012, 2011 e 2010.
    • Quendas de 2h.
    • Máximo de 8 horas semanais por neno/a.
    • Distribución das quendas: 
    • 1ª Quenda: 16.00 h – 18.00 h.
    • 2ª Quenda: 18.00 h – 20.00 h.

*o centro poderá desdobrar o grupo atendendo ás ratios e idades dos participantes

Para facilitar a participación do maior número de persoas posible, dadas as limitacións de prazas establécese o seguinte:

  • As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de 4 quendas semanais, agás haxa prazas dispoñibles noutras.
  • No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse segundo os criterios de prioridade e será a única vía para a adxudicación de máis de 4 quendas. Estas horas poderán ser retiradas no caso de que sexan necesarias para novas solicitudes.
  • As horas dos sábados non computan no total semanal (de luns a venres) e a participación está suxeita á dispoñibilidade de praza nas quendas solicitadas.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE PRAZA

Para poder participar no programa de actividades no Espazo Miramontes é necesario cumprir co seguinte proceso:

A.- Nenos/as que non están dados de alta:

  1. Todas as persoas que desexen participar nas actividades da Ludoteca (tanto nos períodos lectivos como non lectivos) deben estar dadas de alta como requisito imprescindible (modelo ED009 educación) dispoñible na sede electrónica do Concello. Deberán cubrir o modelo de solicitude mencionado no que facilitarán a información e documentación correspondente, autorizan a estadía do menor na instalación e aceptan as condicións de funcionamento interno. 

O formulario poderá descargarse da páxina web do rexistro municipal www.santiagodecompostela.gal (“trámites) e da específica da ludoteca María Miramontes www.espazolecermariamiramontes.santiagodecompostela.gal.

As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 

A documentación a achegar polos interesados/as no momento da alta é a seguinte:

Documentación mínima xeral:

  • Documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal.
  • Fotocopia do libro de familia. A situación de familia monoparental acreditarase con copia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno filiais.
  • Copia da tarxeta sanitaria do menor.
  • Xustificación de ocupación laboral, actualizada e detallada (indicando horarios laborais nas quendas solicitadas), dos titores legais.
  • No caso de persoas desempregadas, certificación de ser demandante de emprego.

Documentación complementaria dependendo da situación familiar:

  • Informe dos Servizos Sociais nos supostos en que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.
  • Certificado do centro educativo no que está matriculado/a o/a/ neno/a no caso de non estar empadroado no Concello de Santiago de Compostela.
  • Acreditación da representación, se procede.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento.
  1. Unha vez realizado o trámite, facilitaráselle un número de alta que xa lle permitirá solicitar diferentes servizos a través da web do centro.
  1. Solicitarán a inscrición no programa para a actividade ou actividades ofertadas cubrindo o formulario correspondente da páxina web da Ludoteca. 

A alta do servizo non garantiza o uso inmediato do mesmo dadas as limitacións espaciais e a normativa correspondente. Para poder facer uso do servizo, as persoas dadas de alta (usuarios/as do servizo) que teñan a confirmación correspondente  e que desexen facer uso do mesmo deberán solicitar a súa praza, cunha antelación mínima de 2 días hábiles na web da ludoteca co fin de poder xestionar con antelación a dispoñibilidade de prazas.

B. Nenos/as que xa están dados de alta no Espazo Miramontes

Aquelas familias de nenos/as que xa están dados de alta no Espazo Miramontes deben cubrir o formulario que poderán atopar ao final da páxina.

Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude.

Se as circunstancias laborais e familiares mudaron dende a data de alta no Espazo Miramontes deberán acreditalo coa documentación actualizada correspondente mediante a súa presentación no Rexistro do concello. 

PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PERÍODO LECTIVO

Do 27 de setembro ao 6 de outubro (ámbolos dous inclusive) ábrese o prazo de solicitude de praza no programa de actividades do período lectivo no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes para o curso 2022-2023. Tanto para a renovación de praza como para as novas solicitudes.

Queda aberta a inscrición fóra dos prazos establecidos, durante o resto do curso, unicamente co criterio de orde de entrada de solicitude na web do centro. Neste período as persoas que desexen facer uso do servizo deberán facer a solicitude da súa praza cunha mínima de dous días hábiles.

Durante os prazos de solicitude de praza o centro ofertará xornadas de portas abertas previa inscrición na páxina web.

O servizo comezará o día indicado na publicación de listaxes por parte do Espazo María Miramontes.

RÉXIME DE PREZOS: de balde.

DISTRIBUCIÓN POR QUENDAS

O centro leva a cabo unha proposta de actividades co obxectivo de promover a aprendizaxe a través do xogo.

No apartado “actividades” da web tedes máis información das mesmas.