Para facilitar a participación dos nenos e nenas dos centros educativos de Santiago en horario lectivo, está previsto que durante as mañás dos venres se organicen visitas á instalación para que o coñezan de primeira mán e poidan participar nas actividades que nel se realizan.
Horario
O horario de visitas é de 10:30 a 13:30 h. Haberá 3 quendas (a escoller):
A primeira ás 10:30 h
A segunda ás 11:30 h
A terceira ás 12:30 h
A duración da visita é de 45 minutos.
Inscrición
Os centros educativos interesados en participar poderán inscribirse directamente na seguinte ligazón:
A inscrición ás Mañás dos Venres para os centros educativos estará dispoñible durante todo o curso escolar (agás festivos).
Prazas
O número de prazas dispoñible para cada visita ao equipamento, está suxeita á súa capacidade e á normativa Covid,
O centro conta na actualidade cun aforo máximo de 50 prazas e respectaranse nas visitas escolares o tamaño dos grupo/clase.

Contido
Ás Mañás dos Venres teñen a seguinte estructura:
- Benvida: Introdución sobre o centro e o seu funcionamento.
- Actividade de animación: O monitorado realizará un baile/actividade de animación.
- Gran xogo: Realización dun xogo organizado (xincana, búsqueda do tesouro, etc.).
- Xogo libre: Uso libre dos xogos e xoguetes do Espazo de Lecer.
- Despedida: Resumo da visita e despedida do grupo.