Actividades

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Teatro Miramontes: Traballar cos nenos e nenas as emocións, imaxinación e o traballo en equipo. Fomentar a lingua galega tanto falada como escrita.

O baúl de María: Espazo no que se levará a cabo un préstamo de xoguetes no que se potenciará o uso educativo do xogo e do xoguete na infancia.

Irmandades do conto: Espazo no que se lles ofrecerá unha ampla variedade de libros que poderán ler no centro ou levar prestados a casa e desta maneira incentivar á lectura e reforzar a súa imaxinación.

Ludo Xornal: Creación dunha revista propia na que poidan expresarse, facer entrevistas, crear anuncios… Aumentar o interese dos nenos e nenas pola prensa.

Puntada con fío: Conmemorar a labor de María Miramontes ensinando ós nenos e nenas de maneira igualitaria a costura e o patronaxe.

Banda da Ludo: coñecer e traballar con bandas galegas de música infantil, tradicional ou popular. Realizar e amosar coreografías propias coa música elixida.

De ti a ti: Traballar a coeducación, a igualdade e a perspectiva de xénero a través de diferentes actividades e de maneira transversal.

Móvete: Traballar a psicomotricidade nos nenos e nenas de dous aos seis anos. Promoción de hábitos saudables a través do xogo. 

R2Ludos: Achegar a ciencia e as TICs. Fomentar a curiosidade pola ciencia con actividades sinxelas. 

O Medio é noso: Traballar a importancia das 4 erres: reciclar, reutilizar, recuperar e reducir. Utilizar materiais de refugallo nas actividades do centro. 

Xogamos como as avoas: Recuperar as formas de lecer menos sedentarias que se practicaban no pasado. Coñecer os xogos e xoguetes que utilizaban os nosos maiores. 

Espazo Aberto: Ofrecer os nosos espazos a entidades galegas que desexen colaborar. Ter momentos de xogo, lectura libre e lecer. 

VacaLudos: Ocupar de xeito activo o tempo de lecer das crianzas en períodos non lectivos.