VACALUDOS VERÁN

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

—INSCRICIÓN PECHADA —

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación en vacacións para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.

No enlace incluido nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a inscrición nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes para o período non lectivo de VERÁN.

POBOACIÓN DESTINATARIA DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN

Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Politica Social da Xunta de Galicia.

Destinatarios: 3 anos (escolarizados)20 prazas*
Destinatarios: 4, 5 e 6  anos30 prazas*
Destinatarios: 7, 8, 9, 10, 11 e 12 anos23 prazas*
*O reparto de prazas variará en función das solicitudes recibidas.

As persoas destinatarias que desexen desfrutar do programa de verán deberán ter entre 3 e 12 anos. Os nenos e nenas con 3 anos deberán estar escolarizados.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Desenvolverase do 23 de xuño ao 9 de setembro do ano 2022, nas seguintes quendas:

QUENDASDATASTOTAL DÍAS
1ª QUENDADo 23 de xuño ao 1 de xullo do 2022 (23 ,27, 28, 29, 30 e 1).6
2ª QUENDADo 4 ao 15 de xullo do 2022 (4, 5, 6,7 8, 11, 12, 13, 14, 15).10
3ª QUENDADo 18 ao 29 de xullo do 2022 (18, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28, 29).9
4ª QUENDADo 1 de ao 12 de agosto do 2022 (1, 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11, 12).10
5ª QUENDADo 17 ao 31 de agosto do 2022 (17, 18, 19, 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30, 31).11
6ª QUENDADo 1 ao 9 de setembro do 2022 (1, 2, 5, 6, 7, 8, **).6 aprox
**O derraidero día da 6ª quenda o maracará o inicio do curso escolar 22/23.

MODALIDADES A ESCOLLER:

Se hai máis solicitantes que prazas en cada quenda, o Centro asignará as prazas en función dos criterios de prioridade que se sinalan no punto 3. Para facilitar a participación do maior número de persoas posible, dadas as limitacións de prazas establécese o seguinte:

  • As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de dúas quendas, agás haxa prazas dispoñibles noutras.
  • No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade indicados no punto 3 e será a única vía para a adxudicación de máis de 2 quendas.
  • As persoas usuarias deberán solicitar, únicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese.
  • O Centro asignará as prazas en función dos criterios de acceso e da prioridade seleccionada polas familias solicitantes.

HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO

De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h 

HORASERVIZO
7:45 – 9:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA
9:00 – 10:00ACTIVIDADE LIBRE
10:00 – 13:30ACTIVIDADES DIRIXIDAS
13:30 – 15:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA 

CRITERIOS DE ACCESO 

Durante o período non lectivo de verán este equipamento está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa, entre as 7:45 e as 15 horas. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias laborais na/s quenda/s solicitadas.

No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas é preciso establecer a seguinte orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de alta e presentaron a solicitude de participación no programa de Verán:

  1. Persoas vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  1. Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  1. Familias con ao menos un membro con incapacidade laboral (temporal ou permanente) ou discapacidade e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  1. Familias separadas ou divorciadas nas que a persoa titora que teña a custodia no momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  1. Familias coas dúas persoas adultas que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.

En caso de ter que aplicar prioridade dentro deste grupo:

  1. Familias con nenos e nenas en acollida.
  2. Familias con nenos e nenas en adopción.
  3. Familias numerosas.
  1. Familias con ao menos un membro en desemprego e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.

As situacións familiares descritas nos puntos 1, 2,3,4 deberán acreditar a súa situación mediante a documentación administrativa correspondente (certificado de monoparentalidade, informe de Servizos Sociais, informe médico, sentenza, etc.)

Segundo as circunstancias particulares de cada familia é importante que:

  • Aquelas persoas que traballen a turnos, teñan flexibilidade horaria ou sexan persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que indiquen o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se aceptarán os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
  • As solicitudes que non aporten a documentación requirida quedarán excluídas.
  • É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e declaracións de horario laboral actualizados.
  • A falta non xustificada a calquera programa non lectivo será un criterio excluínte na seguinte solicitude.
  • Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán facelo se hai prazas baleiras.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN PARA O PERÍODO DE VERÁN

Inscrición do 26 de abril ao 6 de maio de 2022.

A.- Nenos/as que non están dados de alta no Espazo Miramontes:

  1. Todas as persoas que desexen participar nas actividades da Ludoteca (tanto nos períodos lectivos como non lectivos) deben estar dadas de alta como requisito imprescindibleDeberán cubrir o formulario de solicitude correspondente no que facilitarán a información e documentación correspondente, autorizan a estadía do menor na instalación e aceptan as condicións de funcionamento interno. 

As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 

  1. Unha vez realizado o trámite, facilitaráselle un número de alta que xa lle permitirá solicitar diferentes servizos.

B.- Nenos/as que xa están dados de alta no Espazo Miramontes:

Poden cubrir o formulario.

RÉXIME DE PREZOS: de balde.

IMPORTANTE: Haberá que achegar un certificado de emprego actualizado se os horarios de traballo mudaron dende o último aporte.

  • EMPREGO POR CONTA ALLEA: Certificado da empresa no que se indique a xornada laboral.
  • EMPREGO POR CONTA PROPIA: Declaración responsable na que se indique a xornada laboral.