VACALUDOS VERÁN

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ofrece unha alternativa de conciliación en vacacións para todos os nenos e nenas da cidade de Santiago.

No enlace incluído nesta sección poderás atopar o formulario para realizar a solicitude de praza nas actividades do Espazo de Lecer María Miramontes para o período non lectivo de VERÁN.

POBOACIÓN DESTINATARIA DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN

Nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Política Social da Xunta de Galicia.

Destinatarios: 3 anos 20 prazas*
Destinatarios: 4 – 6 anos30 prazas*
Destinatarios: 7 – 12 anos23 prazas*
*O reparto de prazas variará en función das solicitudes recibidas.

DATAS DE REALIZACIÓN:

QUENDASDÍAS TOTAL DÍAS
1ª QUENDADo 23 ao 30 de xuño de 2025 (23, 24, 25 ,26, 27 e 30).6
2ª QUENDADo 1 ao 15 de xullo de 2025 (1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 14 e 15 ). 11
3ª QUENDADo 16 ao 31 de xullo de 2025 (16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31).11
4ª QUENDADo 1 ao 14 de agosto de 2025 (1, 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13 e 14).10
5ª QUENDADo 18 ao 29 de agosto de 2025 (18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28 e 29).10
6ª QUENDADo 1 ao 5 de setembro de 2025 (1, 2, 3, 4, 5, 8 e 9)*.7

*O derradeiro día da quenda 6 marcaráo o inicio do curso 2025/2026

MODALIDADES A ESCOLLER

  • As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo dunha quenda, agás que haxa prazas dispoñibles noutras.
  • No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade indicados no punto 5.1 e será a única vía para a adxudicación de máis de unha quenda.
  • As persoas usuarias poden solicitar un mínimo dunha quenda ata un máximo de seis.
  • As persoas usuarias deberán solicitar, unicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese.

PRAZOS DA COVOCATORIA:

  • Solicitude de praza: 21/04/2025 ao 27/04/2025 (ámbolos dous inclusive).
  • Listaxe provisional de admitidos/as, a subsanar e excluídas: 28/4/2025.
  • Prazo de subsanación das solicitudes: do 29/4/2025 ao 13/5/2025.
  • Listaxe definifitiva de admitidos/as e de agarda: 22/05/2025.
  • Confirmación de praza: Do 23/05/2025 ao 30/05/2025.

Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude.

HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO:

De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h 

HORASERVIZO
7:45 – 9:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA
9:00 – 10:00ACTIVIDADE LIBRE
10:00 – 13:30ACTIVIDADES DIRIXIDAS
13:30 – 15:00ACTIVIDADE LIBRE E CUSTODIA 

ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Durante todo o ano, este equipamento está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos debe priorizar a aquelas que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa, no horario de apertura do centro. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias
laborais na/s quenda/s solicitadas.

Para a participación no programa é obrigatorio entregar a través do formulario de solicitude, un certificado de emprego por cada titor legal da unidade familiar no que consten os horarios de traballo e as datas solicitadas.

CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS
No caso de que houbera máis solicitantes que prazas nas diferentes quendas ou programas é preciso establecer orde de preferencia na asignación entre aquelas persoas que están dadas de alta no servizo e presentaron a solicitude de participación en calquera dos programas ofertados dentro dos prazos establecidos.
A continuación amósanse os criterios para a asignación de prazas ordeados de maior a menor grao de prioridade:

  1. Vítimas de violencia de xénero, co informe dos Servizos Socias, que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  2. Familias con nenos e nenas en acollida e nas que os dous proxenitores/ titorestraballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  3. Familias monoparentais que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  4. Familias con alomenos un proxenitor/titor ou un fillo ou filla en situación de dependencia.
  5. Familias con alomenos un dos proxenitores/titores con incapacidade laboral (temporal/permanente) ou discapacidade e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  6. Familias separadas ou divorciadas nas que o proxenitor/titor que teña a custodia no momento da solicitude traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  7. Familias numerosas cos dous proxenitores/titores que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  8. Familias cos dous proxenitores/titores que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.
  9. Familias con alomenos un dos proxenitores/titores en desemprego e outro que traballe ou estea en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do programa.

En relación aos criterios de prioridade para a asignación de prazas:

A. As situacións familiares descritas nos puntos 1, 2 ,3 ,4, 5, 6, 7 e 8 deberán acreditar a súa situación mediante a documentación administrativa correspondente (certificado de monoparentalidade, informe de Servizos Sociais, informe médico, sentenza, etc.)

  • Aquelas persoas que traballen a turnos, teñan flexibilidade horaria ou sexan persoal docente terán que aportar un certificado de emprego actualizado no que indiquen o horario no que traballarán durante as quendas desexadas. Non se aceptarán os certificados ou declaracións xerais que non acrediten as circunstancias específicas da familia nas quendas solicitadas.
  • As solicitudes que non aporten a documentación requirida quedarán excluídas.
  • É responsabilidade única das persoas interesadas a entrega dos certificados e declaracións de horario laboral actualizados.
  • A ausencia non xustificada (do máis do 20%) durante o período non lectivo de verán será un criterio excluínte nas solicitudes do curso 2025/2026.
  • Aquelas familias que non precisen conciliar pero que desexen participar poderán facelo se hai prazas baleiras.

B. No caso de non ser suficiente cos criterios de prioridade para asignación de praza, o centro:

  • Dará prioridade as solicitudes dos usuarios e usuarias con praza no período lectivo e que cumplan cos seguintes requisitos:
    • Ter adxudicada praza dende o inicio do período lectivo o 30/09/2024.
    • Ter participado no alomenos un 80% do programa, agás faltas xustificadas.
  • Realizará un sorteo público para aqueles casos nos que o número desolicitudes supere ao número de prazas, aplicando a fórmula“ALEATORIO.ENTRE (Ax;Ay)” no documento onde figuran os números de alta introducidos de maneira aleatoria e atribuído a cada solicitante un número nese listado. O resultado da aplicación da fórmula dará un número X que será o que obteña praza en primeiro lugar e tamén os sucesivos ata completar as prazas dispoñibles. Completadas as prazas, o resto pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.

O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web do centro e do Concello de Santiago.

RÉXIME DE PREZOS: de balde.

ALTAS: O procedemento de alta está aberto os 12 meses do ano. O centro non tramitará altas nos períodos de solicitudes de praza.

Convocatoria seguindo as bases de participación aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela o 12 de agosto de 2024.