DO 21 ao 27 DE SETEMBRO DE 2023
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes pon en marcha, nas datas establecidas para a solicitude de praza no período lectivo, unhas xornadas de portas abertas e obradoiros co obxectivo de dar a coñocer o centro e conciliar a vida persoal, laboral e familiar das persoas interesadas.
Dúas modalidades de participación:
1- PORTAS ABERTAS
Dirixidas a aquelas persoas que non teñen a alta no servizo e aínda non coñecen o Espazo. Poderán achegarse ata as instalacións e, acompañados do persoal do centro, poderán coñecer a dinámica de funcionamento, o procedemento de alta, a solicitude de prazas e resolver todas aquelas dúbidas que poidesen xurdir.
A presenza dun dos titores legais sempre que o centro se visite cun menor é obrigatoria.
2- OBRADOIROS
Dirixidos a usuarios e usuarias coa alta concedida e que precisen do servizo ao tempo que se leva a cabo o período de solicitude de praza para o período lectivo.
O obxectivo e favorecer a cociliación e a participación das familias e os seus nenos e nenas. Poderedes seleccionar tantos días e quendas como precisedes.
Se unha vez feita a inscrición precisades engadir ou renunciar a algunha quenda será necesario contactar co Espazo. No caso de ter que facer algunha modificación que afecte á organización do centro o persoal poñerase en contacto con vós.
Os nenos e nenas de 2 anos deberán quedar acompañados dun dos seus titores legais.
Podedes apuntarvos aquí: