Quén era María Miramontes?

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Quén era María Miramontes?

Este equipamento educativo e lúdico toma o seu nome de María de los Dolores Miramontes Matos (6 de abril do 1895 Bergondo, A Coruña), activista e intelectual rexionalista galega. Unha muller feita a sí mesma que destacou polo seu activismo político defendendo, entre outras cousas, o Estatuto de Autonomía de Galicia do 36, a presenza da muller na política e a promoción da lingua galega.

Milita nas Irmandades da Fala, e forma parte da súa xunta directiva. Os seus ingresos proceden dun pequeno comercio que abre co seu marido, Ánxel Casal (quen fóra alcalde de Santiago de Compostela e fundador da editorial Nós) e permiten  alimentar económicamente iniciativas múltiples da cultura de Galicia.

Texto baseado na publicación de Encarna Otero Cepeda (escritora, historiadora e política nacionalista galega): “María Miramontes, Unha das defensoras do Estatuto do 36”