Xosé Cobas, o ilustrador do espazo de lecer
Pintor, deseñador gráfico e ilustrador, Xosé Cobas neceu en Logrosa-Negreira (A Coruña) no ano 1953.
Como ilustrador comeza a principios dos anos 80 colaborando en revistas e na prensa diaria. É a finais desta década cando se inicia na ilustración de literatura infantil e xuvenil. Desde entón ten máis de 200 libros ilustrados de diversos xéneros.
A súa obra foi exposta en distintas galerías e centros de arte de España, Europa e
Latinoamérica.
No período 1991- 2018 exerceu como deseñador gráfico na Deputación da Coruña.
Ao longo da súa traxectoria como ilustrador ten recibido numerosos premios: dous White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich, o Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo) 2004 ao mellor libro de literatura gastronómica en castelán, o F.E.T.E.N. ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), o Díaz Pardo (2008), o Neira Vilas (2014), o Premio da Gala do Libro ao mellor libro ilustrado (2016) entre outros.