Xosé Manuel Rodríguez-Abella
Impulsor do Departamento municipal de Educación do concello de Santiago de Compostela desde o anos oitenta e referente na política socioeducativa en Galicia.
Como pedagogo e responsable do Servizo de Educación traballou na creación da rede de escolas infantís municipais, a Escola Municipal de Música, a rede de centros socioculturais e do Espazo de lecer María Miramontes, pero tamén en innumerables iniciativas en materia educativa como a colección de publicacións didácticas Papeis de Educación e a colección Coñecer Santiago. Cidade educadora”, os premios de innovación educativa EducaCompostela, o premio Internacional “Compostela” de Álbums Ilustrados, as campañas de animación á lectura, de educación ambiental, de educación vial, de educación patrimonial, os campamentos de verán, os programas e servizos de conciliación familiar, a formación contínua do profesorado, por citar algúns exemplos.
Moi vencellado tamén coa promoción da lingua e a cultura galegas na Administración pública e cos movementos de renovación pedagóxica.
Hoxe, en lembranza do seu traballo, a sala de usos múltiples do centro leva o seu nome.