Xornada de Portas Abertas
A partir do próximo mércores 22 de setembro está previsto a realización dunhas xornadas de portas abertas a este equipamento municipal. Durante seis días os cidadáns de Santiago que o desexen poden coñecer de primeira mán este espazo educativo e de lecer que leva o nome da intelectual e activista política María Miramontes.
Requisitos de participación
Para poder participar nestas xornadas de portas abertas é preciso cita previa e polo tanto as persoas interesadas deben cubrir o formulario de reserva que poden atopar na páxina web no formulario de solicitude de cita previa
Durante a visita, que terá unha duración máxima de 45 minutos e en grupos de máximo de 15 persoas, os participantes coñecerán as instalacións, o persoal do centro, a programación prevista, destinatarios, requisitos de participación, etc.
As persoas participantes deben cumprir coa normativa COVID vixente, consistente en:
- Solicitar cita previa mediante o formulario de reserva.
- Desinfección de máns na entrada do equipamento.
- Uso de máscara obrigatorio para persoas maiores de 6 anos.
- Manter a distancia de seguridade (ao menos de 1,50 metros).
- Establecerase un espazo de 15 minutos entre a saída dun grupo e o seguinte.
- Os grupos accederán pola entrada principal e o abandonarán polo xardín exterior.
- O centro permanecerá coas portas e ventas abertas durante os diferentes turnos para garantir unha correcta ventilación.
Datas de realización: 22,23,24,25,27 e 28 de setembro de 2021
Horarios:
- Mañá: de 9:30 a 13:30 horas.
- Tardes: de 16 a 20 horas.