Alta no equipamento educativo e de lecer Maria Miramontes.

Espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo

Alta no equipamento educativo e de lecer Maria Miramontes.

Xa está disponible o formulario para solicitar a ALTA no equipamento educativo e de lecer Maria Miramontes.

As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado (código ED009), ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Para solicitar cita previa no Rexistro Xeral do Concello de Santiago poden chamar ao teléfono 881 505 107 ou a través da páxina web: https://citaprevia.santiagodecompostela.gal/

Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla o trámite “ALTA NO ESPAZO EDUCATIVO E DE LECER MARÍA MIRAMONTES, dentro do catálogo de trámites dispoñibles.

Para evitar os desprazamentos das familias interesadas e aos efectos de obter información precisa sobre o proceso, toda a información estará dispoñible na páxina web

espazolecermariamiramontes.santiagodecompostela.gal.

Os interesados poderán ademais contactar co teléfono do Espazo Miramontes núm.: 981 54 24 64